CRTVG

Buscar

Suspenden por terceira vez a repetición do xuízo a Lito, o rei das orquestras

Publicado o 25/06/2020 14:22

Hoxe estaba previsto que se celebrase en Pontevedra o xuízo contra Lito, coñecido como o rei das orquestras, pero finalmente foi suspendido. 

Lito fora condenado no seu día por varios delitos contra a Facenda Pública a 12 anos de cárcere, pero o Tribunal Supremo ordenou a repetición da vista tras atender o seu recurso.

A fiscalía solicita agora 14 anos de cadea e 20 millóns de multa, pero o xuízo foi suspendido a petición da defensa, que alegou motivos de saúde do acusado. O tribunal ordenou que se lle realice un exame médico para poder decidir se está en condicións de ser xulgado.

 

Noticias web

25/06/2020