CRTVG

Buscar

Suspenden o concurso de saltos de Casas Novas

Publicado o 14/05/2020 20:00

Son moitos os sectores que se resenten pola COVID-19, tamén o mundo da hípica. O centro Casas Novas, da Coruña, ven de suspender o seu tradicional consurso de saltos, que se ía celebrar no mes de xullo.

Dende a organización sinalan que queren evitar calquera risco para a sáude dos participantes no consurso e o público, ao tempo que se solidarizan coas vítimas desta pandemia.



 

Noticias web

14/05/2020