Suspenden de forma cautelar a licenza urbanística para exhumar a Franco
Publicado o 26/02/2019 18:55

Un xulgado suspende provisionalmente a licenza de obras para exhumar a Franco. Adopta a decisión tras a denuncia dun particular que pon en dúbida a legalidade e seguridade dos traballos autorizados.
O denunciante considera que remover as lousas de mármore e granito que tapan a sepultura pode supoñer un risco para a estrutura da basílica e para as persoas que fagan a obra. O concello de San Lourenzo do Escorial ten tres días para presentar alegacións.