CRTVG

Buscar

Suspenden a última etapa da marcha dos traballadores das Pontes á Coruña polo mal tempo

Publicado o 13/12/2019 08:46

O Concello das Pontes (A Coruña) comunicou este xoves a suspensión da última etapa da marcha a pé en defensa do futuro da central térmica de Endesa no municipio, prevista para este venres na Coruña, a causa do temporal anunciado para esa xornada.

"En canto remita o temporal, retomaranse a marcha e a concentración na Coruña", segundo engadiron as mesmas fontes.

A comitiva, conformada tanto por traballadores dos persoais principal e auxiliar do recinto como por transportistas ou edís da vila, completou este xoves a súa terceira e penúltima etapa. Así, percorreu o tramo comprendido entre os municipios coruñeses de Miño e Oleiros.

A previsión da organización, que corre a cargo do comité de crise creado nas Pontes ante o anuncio de peche do complexo, contemplaba unha concentración ante o viceconsulado de Italia na cidade coruñesa, ao ser o grupo Enel, propietario de Endesa, unha firma italiana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019