CRTVG

Buscar

Suspenden a entrada en prisión de Borja, o mozo condenado por provocar a morte dun home que roubara un bolso

Publicado o 23/07/2019 16:34

Borja, o mozo condenado por provocar a morte dun home que roubara un bolso, non entrará na cadea polo de agora. O xulgado de Málaga que leva o caso suspendeu o seu ingreso en prisión por un prazo de catro anos, sempre que non volva delinquir, que comunique os seus cambios de domicilio e que cumpra coa súa responsabilidade civil no tempo e forma que se ditamine.

O mozo foi condenado a dous anos de cadea e ao pagamento dunha indemnización de 180.000 euros por un feito cualificado de homicidio por imprudencia grave.

Noticias web

23/07/2019