CRTVG

Buscar

Suspenden a busca do mariñeiro desaparecido en Ons

Publicado o 11/02/2020 21:10

Suspenden a busca por mar do tripulante desaparecido en Ons ao envorcar a planadora en que ía xunto con dous tripulantes máis. A embarcación, con base na Illa de Arousa, envorcou a mediodía con tres tripulantes a bordo. Todo parece indicar que foi por un golpe de mar. Un dos náufragos foi camiñando ata a zona do Curro, onde se atopa o peirao de Ons, e deu a voz de alarma. O segundo dos tripulantes chegou tamén a terra e deuse por desaparecido durante algún tempo, posto que xa non estaba na zona.

Deseguido, despregouse un amplo dispositivo de rescate. Mobilizouse o Pesca 1, unha patrulleira da Garda Civil, dúas lanchas de Salvamento Marítimo, barcos de pesca que faenaban pola zona e mesmo un buque da Escola Naval de Marín.

Os dous tripulantes foron trasladados nunha patrulleira da Garda Civil ata Portonovo e a planadora tamén. Ata alí chegou un familiar, e ningún dos tres quixo facer declaracións. O desaparecido é Harry Otero Rodríguez, de 30 anos e irmán dun dos tripulantes. Os tres estaban traballando na recollida de mexilla ou cría de mexillón e son da Illa de Arousa. O operativo de busca reiniciarase a primeira hora da mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020