CRTVG

Buscar

Suso Lázare: "A día de hoxe a decisión é deixar o club"

Publicado o 21/05/2019 21:47

Esta fin de semana materializouse o descenso dos lucenses á LEB, e esta tarde o presidente confirmounos que ten en mente non continuar a seguinte campaña. Suso Lázare quere deixar as rendas do club despois dun ano deportivamente moi duro.

A súa decisión non é definitiva, pero o presidente do Breogán vese agora fóra do club. Malia o descenso, Lázare cre que a entidade ten os cimientos axeitados para regresar canto antes.

Di Lázare que case todas as decisións que tomaría agora de forma distinta son da parcela deportiva. Por exemplo, contratar un pivote como Jordan para toda a temporada.

A semana que vén, unha vez que remate a liga, Lázare falará con Tito Díaz da súa continuidade como adestrador.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019