CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Susana Rodríguez Gacio, campioa do mundo en paratríatlon

Publicado o 19/09/2018 15:22

E rematamos en Peinador co recibimento a unha campioa do mundo. A viguesa Susana Rodríguez Gacio, a doutora Susana Rodríguez Gacio.

Cálido recibimento para Susana por parte dos seus familiares, amigos e integrantes do seu club.
Susana mostrou orgullosa a súa medalla de ouro lograda en Gold Coast, en Australia. Campioa do Mundo de paratríatlon, sacándolle máis dun minuto de diferenza á segunda clasificada.

Hoxe retomará o seu traballo como doutora, pero na súa mente están os xogos de Toquio. Susana quere pelexar por unha medalla olímpica. Iso si, antes toca xogar deste gran triunfo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí