CRTVG

Buscar

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade: "O aumento das denuncias de violencia machista é positivo para activar os protocolos de protección"

Publicado o 18/06/2019 10:18

Aumentan un 38% as denuncias por violencia machista en Galicia

"O aumento das denuncias é un dato positivo, porque podemos activar os protocolos de protección da vítima". 

Diminúen as mulleres que se acollen á dispensa a declarar

"Temos que conseguir que as denuncias estean preparadas e as vítimas seguras para que cheguen a bo porto. Para iso é moi importante a quenda de garda psicolóxica e a quenda de garda de traballo social que acabamos de poñer en marcha. Era necesario un profesional único que acompañe a vítima na denuncia para evitar a revitimazación que supón ter que declarar unha e outra vez". 

Galicia está por debaixo da media estatal en denuncias de violencia machista

"Temos que ampliar os recursos para chegar ás mulleres que están en lugares rurais máis illados, que non saben que son vítimas de violencia machista".

Sensibilización

"Temos que seguir traballando na sensibilización a través de campañas de sensibilización tanto a través dos medios de comunicación e da educación dos máis pequenos, coas que evitar casos de acoso e que se formen sexualmentre a través da pornografía". 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019