CRTVG

Buscar

Susana Díaz pídelles perdón aos andaluces polo fraude dos eres

Publicado o 21/11/2019 19:50

Susana Díaz deféndese. Asegura que o seu Goberno fixo as actuacións legais necesarias para poder recuperar os cartos fraudulentos dos eres. Sae así ao paso das acusacións do actual presidente andaluz. Juan Manuel Moreno dixo que será moi dificil recuperar os 680 millóns de euros porque o anterior executivo andaluz bloqueou a reclamación por vía civil.

Na súa primeira entrevista tras a a sentenza, Díaz asegurou que a maior parte dos eres foron legais, pero pediu perdón polo dano causado a Andalucía con este caso de corrupción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019