CRTVG

Buscar

Susana Aríns Marta Chaves, Tanxugueiras, Azeitonas e Uxía, premios Aritmar

Publicado o 02/12/2019 15:32

Hoxe foi presentada en Santiago a gala dos premios Aritmar que todos os anos convoca a Escola Oficial de Idiomas de Santiago e que premian artistas de Galicia e Portugal. A gala será o mércores e os premios xa son públicos: o poema "E isso é o amor", de Susana Aríns e Fachada, da portuguesa Marta Chaves. No apartado de música, gañou a canción das Tanxugueiras Que non mo neguen, e o Efeito do observador, dos Azeitonas. Ademais, este ano o Premio aRitmar especial Embaixada da Amizade galego-lusófona vai para a cantora galega Uxía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019