CRTVG

Buscar

Surfistas de todo o mundo agardan en Ribadeo polo Panchorro, unha onda xigante

Publicado o 10/01/2019 13:32

No norte de Galicia, en Ribadeo, hai moita expectación estes días. Todas as olladas miran o mar á busca dunha onda xigante. Non perden detalle das borrascas que circulan polo Atlántico e pregan para que a súa traxectoria se desvíe cara a Galicia. E todo ten unha explicación, buscan o Panchorro.

A onda xigante xérase preto da illa Pancha e podería acadar os 20 metros. Para surfeala agardan os mellores surfistas do mundo. Os 25 participantes van contar con motos náuticas para ir na busca da onda.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019