O panchorro reúne os 16 mellores surfistas do mundo na costa de Ribadeo
Case cen medios acreditados e centos de afeccionados asisten hoxe a este campionato senlleiro no que surfistas de varios países buscan a onda máis alta, o panchorro.
Nesta modalidade de surf a peculiaridade está en que ops surfistas sempre está acompañados de motos acuáticos, que son as que os meten mar adentro e os impuolsan para coller a onda. Despois céibanse e recóllenos así que saen dela. Un espectáculo que trae moitos beneficio á zona.
Illa Pancha, en Ribadeo, é un lugar inmellorable para este tipo de deporte, xa que a súa oreografía favorece as ondas máis grandes.
O evento conseguiu atraer milleiros de persoas interesadas, como Renata, produtora dunha televisión brasileira. Participan os dezaseis mellores especialiostas do mundo nesta disciplina, entre eles este brasileiro que vive en Nazaré.
Para o sábado e domingo agárdanse ondas de ata 20 metros. Un agasallo que público e participantes agardan impacientes.