CRTVG

Buscar

A Revista

Surfear no río Eisbach, unha única onda artificial, converteuse nun dos atractivos turísticos de Múnic

Publicado o 13/10/2017 12:52

Malia que Múnic non é unha cidade costeira, un dos seus atractivos turísticos é o surf. Si, como o escoitan.

A centos acoden nunha xornada a surfear no río Eisbach que pasa pola cidade a coller a xa famosa onda, rítmica e previsible, creada caprichosamente a consecuencia dunha obra de enxeñería no río. Axiña, os afeccionados empezaron a gozala a pesar do perigo do leito rochoso. Por iso, chegou a estar prohibido. Pero agora, o reclamo turístico é evidente: surfear no medio da cidade debe ter a súa poesía e ten incondicionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/10/2017