Solicitan que se investigue o suposto financiamento ilegal de partidos con cartos de Maduro
Publicado o 16/06/2020 15:16
O suposto financiamento de partidos políticos con cartos do réxime de Maduro volve á actualidade.
O ex-presidente do Parlamento Europeo pediulle á Unión que investigue se hai formacións que recibiron fondos ilícitos do chavismo.
Antonio Tajani, na actualidade, deputado do Parlamento comunitario, fixo o anuncio na súa conta de Twitter, a propósito dun informe divulgado polo diario ABC pertencente á Dirección Xeral de Intelixencia Militar, con clasificación secreta, no que Nicolás Maduro autorizou, no 2010, o envío dunha maleta que contiña 3,5 millóns de euros ao consulado de Milán, para financiar o partido Movemento 5 Estrelas, que goberna hoxe en Italia.