CRTVG

Buscar

Suplusa apoia o persoal seleccionado que leva tres anos agardando para incorporarse

Publicado o 12/09/2018 20:00

Persoal seleccionado para traballar nas residencias de maiores da Deputación de Lugo acudirá aos xulgados para denunciar que levan tres anos agardando incorporarse. No fondo desta polémica está a disputa entre o goberno do socialista Darío Campos e o seu ex-vicepresidente, Manuel Martínez.

O presidente de Suplusa, a Sociedade Urbanística Provincial, amosou o seu apoio ás reivindicacións do persoal seleccionado para traballar nas residencias de maiores, que leva tres anos agardando incorporarse. Manuel Martínez, que fora expulsado do goberno socialista, aplaude que recorran a vía xurídica, e culpa ao goberno de Darío Campos de retrasar a apertura das residencias.

Esta disputa política afecta a 60 persoas que foran seleccionadas por Suplusa, entidade dependente da Deputación á que Darío Campos lle quitou competencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018