Suplantan a identidade de Cabaniñas do Bosque en Facebook e Instagram para conseguir datos bancarios
A empresa Cabaniñas do Bosque de Outes denunciou un calote en Internet. Os caloteiros crearon un perfil falso da empresa en Facebook e Instagram para suplantar a súa identidade. Conseguiron datos bancarios dos seus seguidores despois de que a empresa convocara un concurso en que agasallaban cunha noite nas súas instalacións. Contactaban cos seus seguidores e dicíanlles que gañaran o premio. Teñen máis de cen mil. As plataformas responderon que os suplantadores non estaban facendo nada ilegal e que podían compartir ese contido.
Manuel Lema, administrador de Cabaniñas do Bosque, di que o gran problema é que nin Facebook nin Instagram, niguén, se fai responsable diso. Ao suplantar a identidade, é fácil detectalos porque teñen un número de seguidores moi baixo, pero a páxina é idéntica en todo.
Eles a páxina déixana aí, que viven diso.