CRTVG

Buscar

A Revista

Superados tres récords Guinness distintos nunha mesma semana

Publicado o 10/11/2017 12:51

Esta semana foi prolífica en superar marcas mundiais e non xustamente deportivas.

Este xogador de baloncesto estadounidense logrou o récord de lanzamento ao encestar a pelota a unha altura de 15 metros e 26 centímetros.

Ao tempo, o inventor británico Richard Browning acaba de superar a súa propia marca ao acadar aínda máis velocidade, 51 km por hora, co seu traxe de motor a reacción en Inglaterra.

E quizais o máis esgotador é o récord dos irmáns Anastasini, que romperon a marca da maior cantidade de voltas acrobáticas, as chamadas Risley, que se poden dar en trinta segundos. Deron 34.... a que marea?

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

10/11/2017