CRTVG

Buscar

A Revista

Supera unha nova marca mundial transportando 29 xerras de cervexa sen verter, en 40 metros

Publicado o 06/09/2017 13:39
Queren saber cal é a última marca mundial? Dámoslles unha pista, superouna un alemán de Baviera. O novo récord mundial consiste en transportar un total de 29 xerras de cervexa entre os brazos, dunha soa vez, sen verter máis do 10 por cento do contido, ao longo de 40 metros. Quen amosou esta mestría nesta ardua tarefa foi capaz de transportar un total de 69 quilos, entre cervexa e vidro. Unha habilidade que moitos quixeran cara á próxima Oktoberfest.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/09/2017