CRTVG

Buscar

Súmanse ao programa Iacobus 22 centros tecnolóxicos de Galicia e o Norte de Portugal

Publicado o 14/09/2018 15:10

22 centros tecnolóxicos de Galicia e o norte de Portugal incorpóranse ao programa Iacobus. Dende hai cinco anos este programa vén permitindo o intercambio de docentes e investigadores entre os dous territorios da eurorrexión. Na próxima, que será a sexta edición, vanse incorporar institucións como Centro Tecnolóxico do Mar ou o da Automoción de Galicia, representando sectores estratéxicos da nosa economía.

Na sinatura do convenio, no Porto, o vicepresidente da Xunta destacou que a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal ten uns piares moi firmes que sitúan moi ben a eurorrexión para o futuro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018