Sulejmanovic: "O Estudiantes chega afectado pola derrota, pero sabe a importancia do partido"
Publicado o 10/04/2019 19:19
Todo está apertado na parte baixa da ACB. O Estudiantes, o rival do Breogán este domingo, acaba de perder por un punto na pista do Gipuzkoa, que é o cabeiro. O Estudiantes chegou a estar gañando por vinte e catro puntos en Donostia. Agora ten un triunfo máis que o Breogán. Duelo trascendental en Madrid para ambos.
Sulejmanovic, C. B. Breogán: "Tampouco temos que fixarnos tanto nos demais, temos que centrarnos en nós. Pero eles acaban de perder un partido que tiñan practicamente ganado, 24 puntos arriba e acabaron perdendo. Iso pode afectarlles un pouco, pero non nos pode confundir isto, porque eles tamén saben da importancia do partido do domingo".
Máis sobre actualidade
17/01/2021 10:14