Suíza impón corentena dende hoxe aos que viaxen desde España
Os pasaxeiros deste voo Santiago Zurich volven a Suiza sabendo que deberán pasar unha corentena de dez dias.
"Tal e como está a situación, véxoo normal". "Sempre che sabe un pouco así porque nós aquí estivemos convivindo todos xuntos e na rexión de onde vimos a situación está bastante ben", din os pasaxeiros.
En Santa Comba, concello con forte pegada da emigración a Suiza, a maioria dos que viñeron pasar as vacacions adiantaron a volta para evitar a corentena que entra hoxe en vigor.
"Moitos viñeron en coche e cando viron a noticia xa marcharon porque a norma empezaba o sábado, e os que tiñan billetes de avión cambiáronos para antes.", explica Noelia Arán, veciña de Santa Comba que regresará mañá a Suiiza. Intentou cambiar o billete para adiantar o regreso, pero non foi posible. Agora deberá agardar para volver ao traballo
"Teño que chamar ao traballo para dicirlles que teño que facer corentena e chamar tamén ás autoridades do cantón de Berna para que me expliquen como teño que facer, e despois dos dez días volverei chamar para dicir que non teño síntomas, que estou ben -esperemos- e volver traballar", explica Noelia
Suiza impórá multas de ata 9 mil euros para os que incumpran a corentena obrigatoria ou o deber de informar da procedencia ás autoridades locais. Só se librarán desta medida os pasaxeiros que cheguen a Suiza desde as Baleares ou Canarias.