Suicídase no cárcere da Lama a condenada a nove anos de prisión polo abuso sexual a sete mulleres
Publicado o 10/06/2021 11:05

Suicídase no cárcere da Lama a muller condenada a nove anos de prisión polo abuso sexual a sete mulleres. O seu marido, que estaba acusado dos mesmos delitos, tamén se suicidou durante un rexistro no domicilio de ambos despois de detelos.
O matrimonio vigués contactara con sete mulleres de diferentes países suramericanos, todas en situación vulnerable, e ofrecíalles traballo de asistenta. Pero esa proposta escondía unha finalidade sexual e abusaban delas, chegando a ameazalas e golpealas. A súa última vítima foi rescatada pola policía.
A muller recoñecera cinco delitos e aceptara os nove anos de prisión e indemizar as vítimas con 11.000 euros.