CRTVG

Buscar

Un home suicídase en Madrid despois de acoitelar, supostamente, o pai e o tío

Publicado o 17/02/2019 14:24

Un home de trinta anos matou a coiteladas, supostamente, dous parentes na casa familiar de Colmenarejo. Segundo algún medio, trátase do seu pai e un tío, de 64 e 61 anos respectivamente, pero non hai confirmación oficial. A continuación suicidouse tirándose ao baleiro desde unha terraza dun edificio do centro de Madrid. Os investigadores agardan os resultados das tres autopsias.

A Garda Civil está ao cargo da investigación do dobre crime de Colmenarejo, aínda que todo comezou no centro de Madrid. Un home de 30 anos tirouse desde a azotea do andar 22 deste edifico da praza de Castilla. O forense determinou que nas mans do falecido había cortes de defensa producidos cando aínda estaba vivo.

O departamento de homicidios da Policía Xudicial adxudicouse o caso, en previsión de que o suposto suicida estivese implicado nalgún crime ou mesmo que o atacasen a el antes de tirarse ou tiralo. Nunha mochila que quedou na terraza atoparon as súas pertenzas. Chamaron á familia, que non contestou, e foron á súa vivenda nunha urbanización de Colmenarejo. Alí atoparon, presuntamente asasinados a coiteladas, dous familiares. Algún medio asegura que se trata do pai e o tío do suposto asasino ou homicida, irmáns entre eles, de 61 e 64 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019