CRTVG

Buscar

Sufrido e importante triunfo do Ensino diante do Araski (70-67)

Publicado o 05/12/2020 10:41

O Durán Maquinaria Ensino colleitou un triunfo tan sufrido (70-67) como importante diante dun Araski que pode ser un rival directo na pelexa por xogar as fases decisivas na liga. 

No partido houbo tres nomes propios: Vega Gimeno (23 puntos), Merritt Hempe (21 puntos) e Alexsandra Stanacev (14 asistencias, a segunda mellor marca histórica da Liga Feminina). 

O primeiro cuarto foi de grande acerto polos dous equipos e de moita igualdade (23-24). O partido continuou coa mesma tónica ata que o Araski acadou un parcial de 2-10 no segundo parcial para poñer un +7 (37-44). O Ensino só conseguiu anotar nos últimos cinco minutos da primeira parte desde o tiro libre. 

A segunda parte tiña dominio visitante (47-52) pero o Ensino reaccionou no treito final cun 7-0 que lle permitiu recuperar o mando do encontro. Ao comezo do último período as lucenses chegaron a ter unha vantaxe máxima de dez puntos (64-54) pero os nervios e a falta de acerto levou o partido a un final moi igualado (66-63 a 1:30 para o final). O Araski mesmo se puxo a un punto (68-67 a 6 segundos) pero o Ensino sentenciou desde o tiro libre. 

Noticias web

05/12/2020