CRTVG

Buscar

Sufocan un incendio nun bateeiro atracado en Cambados

Publicado o 25/05/2021 10:12
Sufocan un incendio nun bateeiro atracado en Cambados

Efectivos de Emerxencia de Cambados sufucaron un incendio na adega dun bateeiro que estaba atracado no porto de Tragrove. O barco atopábase a unha distancia á que non era posible empregar a mangueira. Foron as bombas auxiliares as que axudaron a controlar o lume e a que as lapas non afectasen a todo o barco.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e mais os bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia e axentes da Garda Civil. O incendio causou importantes danos materiais.

Noticias web

25/05/2021