CRTVG

Buscar

Julian Assange: "É unha vitoria importante, pero a guerra acaba de comezar"

Publicado o 19/05/2017 18:25

O fundador de WikiLeaks celebrou a decisión de Suecia de pechar a investigación contra el por un suposto delito de violación

A Fiscalía sueca pechou a investigación aberta hai sete anos contra o fundador de Wikileaks por un suposto delito de violación. Julian Assange vive refuxiado na embaixada do Ecuador en Londres desde o ano 2012. Assange sempre temeu que no caso de saír da embaxiada, sería extraditado aos Estados Unidos, onde un tribunal miltiar podería xulgalo por filtrar documentos secretos. De momento só puido celebrar a decisión da fiscalía sueca dende o balcón da embaixada, porque a policía británica advertiulle que se sae será detido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017