CRTVG

Buscar

O ciclista portugués David Vaz repite victoria no Ézaro

Publicado o 08/07/2019 00:33

Arredor de 600 ciclistas tomaron a saída nesta proba apta só para valentes e sufridores do sela, e única deste tipo que se celebra en España valedoira para o campionato mundial. Como xa fixera o ano pasado o corredor do equipo Amigos do Desporto, David Vaz, volveu gañar no Gran Fondo do Ézaro. Percorreu os 145 quilómetros de ruta en tres horas e trinta e oito minutos.

Vinte e seis segundos despois entraba o cambadés Ángel Sánchez. Uns máis ca outros, pero sen dúbida todos sufriron para escalar sobre dúas rodas as ramplas de 30 por cento de desnivel. Incluso o mesmísimo Miguel Induráin, pentacampión do Tour, que antepuxo a cita de Dumbría á rolda gala, como tiña prometido. Remataron neste alto emblemático da Costa da Morte ilustres da bicicleta como Óscar Pereiro, Álvaro Pino ou Claudio Chiapucci. Aí chegou tamén o actor David Amor, que se apuntou á penitencia do pedal no Ézaro.

Noticias web

08/07/2019