CRTVG

Buscar

Suavízanse as temperaturas na provincia de Ourense

Publicado o 24/06/2020 21:30

O centro da cidade de Ourense quedou baleiro este festivo de San Xoán. Segue a calor, con 34 graos, e risco de treboadas.

As temperaturas suavizáronse no Ribeiro. Con 31 graos, así estaba o ambiente no Náutico de Castrelo de Miño. Moitas familias e grupos de amigos animáronse a pasar a tarde ao carón do río. O complicado, gardar as distancias de seguridade con tanta xente.

Con menos calor e pode que con algunha chuvia, segue, por agora, o tempo de verán na provincia de Ourense.

Noticias web

24/06/2020