CRTVG

Buscar

Súarez Illana pide desculpas por unhas declaracións sobre o aborto e os neandertais

Publicado o 28/03/2019 21:04

Adolfo Suárez Illana acaba de pedir desculpas polas declaracións feitas esta mañá sobre o aborto e que suscitaron polémica. O candidato do Partido Popular ao Congreso dicía nunha entrevista en Onda Cero que os neandertais tamén usaban o aborto, que esperaban a que nacese e que lle cortaban a cabeza.

Na entrevista, Adolfo Suárez deixaba entrever que o PP non ía cambiar a lei actual do aborto. Estas palabras foron matizadas polo vicesecretario de Organización do partido a través de Twitter. Javier Maroto asegurou que o PP non poñerá sobre a mesa propostas sobre este asunto mentres non se pronuncie o Tribunal Constitucional, e avogou por unha lei de maternidade que lles permita ás mulleres decidir libremente con todo o apoio necesario.

Noticias web

28/03/2019