CRTVG

Buscar

Suárez e Messi sentencian con dous goles a Liga fronte un correúdo Atlético (2-0)

Publicado o 06/04/2019 23:23

O Atlético de Madrid aguantou con dez xogadores, pola expulsión directa de Diego Costa na primeira metade, ata o minuto 84 sen encaixar un gol fronte ao líder, o Fútbol Club Barcelona, que necesitou da atinada puntería de Luís Suárez para abrir o marcador diante un Oblak inmenso que, malia a derrota, foi o mellor do seu equipo.

Con este triunfo, o conxunto azulgrá é virtualmente o campión da liga, xa que avantaxa en 11 puntos os atléticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019