CRTVG

Buscar

Suárez dálle un triunfo inimaxinable ao Barcelona mentres o Valencia asimila a derrota

Publicado o 02/10/2019 23:16
Suárez dálle un triunfo inimaxinable ao Barcelona mentres o Valencia asimila a derrota

O Barcelona levou un triunfo contra o Inter (2-1) que nin nos seus mellores soños puido chegar a pensar que obtería. O uruguaio Luís Suárez marcou os dous goles do seu equipo no segundo acto. Ensinando a súa mellor versión, Suárez marcou dous goles que levan o seu equipo ao alto da clasificación.

Noutra orde de cousas, o mediocentro do Valencia, Francis Coquelin, asegurou tras a derrota (0-3) ante o Ajax na segunda xornada da liga de Campións, que aínda que non fixeron un bo encontro tiveron opcións de marcar e de cambiar o guión do choque.

"Estou decepcionado, non podemos dicir que fixemos un bo partido, pero fixemos bastantes ocasións para marcar", sinalou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí