CRTVG

Buscar

Iván Ares e Pepe López, incapaces de seguir o ritmo de Suárez no Rally de Asturias

Publicado o 24/10/2020 18:39

Os seis primeiros treitos do Rally de Asturias levaron a sinatura do piloto local "Cohete" Suárez. O asturiano marca un ritmo imposible de seguir para os outros dos candidatos a facerse co campionato de España, Pepe López e Iván Ares.

A pelexa pola segunda posición está máis aberta aínda que o madrileño López sácalle a Ares vinte segundos e co madrileño aumentando as diferenzas na xornada da tarde. O cambrés recurtáralle parte da diferenza a Pepe López no TC3 e no TC4 pero non conseguiu manter o ritmo.

Clasificación ata o TC6: 1 Suárez, 2 Pepe López +46', 3 Ivan Ares +1.05'

Noticias web

24/10/2020