CRTVG

Buscar

Asturias volve á fase 2 e o Goberno rexional recomenda o "autoconfinamento"

Publicado o 14/10/2020 19:11
Asturias volve á fase 2 e o Goberno rexional recomenda o "autoconfinamento"

Asturias volve á fase 2. Así o anunciou este mércores nunha comparecencia o presidente do Principado, Adrián Barbón. "Non será igual á que vivimos hai meses, será unha fase 2 actualizada polo que coñecemos de máis do virus", asegurou o máximo responsable do goberno rexional. 

A intención do goberno asturiano é regresar á incidencia de 100 casos por 100.000 habitantes en 14 días. As medidas anunciadas hoxe, que se van implantar durante 15 días a partir desta medianoite, deberán ir acompañadas por "responsabilidade individual", dixo Barbón. De feito a principal recomendación das autoridades asturianas é o "autoconfinamento".

Entre outras medidas de restricións prohíbese o servizo na barra dos establecementos de hotalería, non se poderá vender alcohol en gasolineiras nin calquera outro comercio a partir das 22 horas, e límitase a 25 persoas os asistentes a funerais e actos relixiosos ao aire libre e a 15 en recintos cerrados. Nos centros comerciais, a capacidade nos espazos comúns limitarase ao 25 por cento.

Ademais recoméndase aprazar actividades non fundamentais e pospoñer calquera actividade familiar ou social. As reunións limítanse a grupos de seis persoas.