Stravos Meletlidis, vulcanólogo: "A actividade do volcán seguirá igual e podería prolongarse semanas"
O volcán da Palma leva 17 horas expulsado lava e cinza e segundo o vulcanólogo do Instituto Xeográfico Nacional, Stravos Meletlidis, a súa actividade seguirá igual polo que podería prolongarse "varias semanas, se non uns poucos de meses".
A duración da erupción dependerá, segundo indicou do volume de magma que se acumulou en "reservorio" do volcán. Así mesmo, explicou que deixou de xerar detonacións e que están a realizar simulacións numéricas para predecir o camiño da lava.
Meletlidis destacou que se trata dunha erupción estromboliana onde nas primeiras fases se produce unha explosión moderada e con columnas densas. Destacou que as erupcións desenvólvense con lava e cun fluxo das coladas. O vulcanólogo afirmou que os gases son perigosos e que un cambio na dirección do vento pode desprazalos polo que se lle está a pedir a poboación que non se achegue a menos de tres quilómetros.
O volcán emitiu xa a atmosfera entre 6.000 e 9.000 toneladas de dióxido de xofre. A partir deste luns, as medicións faranse desde unha posición móbil grazas á colaboración da unidade de helicópteros da Garda Civil de Tenerife.