CRTVG

Buscar

Stembach, un bacharelato que busca promover a vocación dos alumnos cara á investigación e ao emprendemento

Publicado o 29/01/2020 21:32

Son os profesionais do futuro e xuntos enfróntanse á presentación dos seus proxectos finais. Son parte dos alumnos do Stembach, un bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía que busca promover a vocación dos alumnos cara á investigación e ao emprendemento. Durante dos anos compaxinaron os seus estudos con materias extracurriculares e actividades complementarias.

Proxectos de microbioloxía, enxeñaría ou biotecnoloxía centraron os traballos da primeira promoción de Stembach deste instituto de Lugo, o que lles permitiu aos alumnos os seus primeiros contactos coa universidade.

14 centros galegos sumáronse a este proxecto educativo que busca fomentar a vocación científico-técnica dos alumnos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020