CRTVG

Buscar

Stellantis Vigo sofre cortes de subministración ao seguir sen conexión á rede de moi alta tensión

Publicado o 26/10/2021 16:55

Dende a fábrica levan case 10 anos reclamando esa conexión á rede de 220 quilovoltios para poder acabar cos microcortes no subministro que se producen coa rede actual. Uns cortes que obrigan a parar a produción nalgúns casos durante horas e deixar de fabricar centos de vehículos. Sinalan que a moi alta tensión é fundamental para manter a competitividade da factoría.

A ministra de Transición Ecolóxica comprometeu a mellora da conexión eléctrica para evitar eses fallos na subministración, pero polo momento non se vai conectar Vigo con esa rede de moi alta tensión nin se vai facer a subestación de Balaídos, outra vella reclamación.


 

Noticias web

26/10/2021