CRTVG

Buscar

Stellantis Vigo paraliza a súa actividade esta semana pola crise dos semicondutores

Publicado o 22/08/2021 18:58

Stellantis Vigo parará a súa produción a partir deste luns por mor dos problemas de aprovisionamento de pezas.

A crise pola escaseza mundial de semicondutores impedirán a planta viguesa seguir cos fluxos de aprovisionamento de pezas polo que Stellantis cesará a súa actividade este luns ata o domingo 29 de agosto nos dous sistemas de produción.

Segundo a propia empresa, as xornadas sen actividade xestionaranse cos mecanismo de flexibilidade establecidos para cada situación.

 

Noticias web

22/08/2021