Stellantis pide que o Goberno revise as condicións para acceder a fondos europeos
Publicado o 07/10/2021 16:17
Stellantis, a antiga Citroën, presiona o Goberno para que revise as condicións que lles poñen para acceder aos fondos europeos, e que agora mesmo os deixa fóra desas axudas.
Para acceder ao diñeiro de Europa, hai que cumprir un requisito que é ter unha fábrica de baterías. Stellantis non a ten, só as monta. A carencia fixo que o Ministerio de Industria non a incluíse nos proxectos para acceder aos cartos que veñen de Bruxelas.
Pero esta planta lembra que hai un proxecto de fábrica de baterías en Galicia e pídelle ao Executivo poder obter os cartos para seguir medrando e non perder carga de traballo.