Stellantis ofrece o 70 % do soldo aos maiores de 60 anos que queden na casa tres anos
Publicado o 19/08/2021 09:22

Proposta da dirección de Stellantis Vigo para adelgazar os gastos de persoal. Ofrece o 70 por cento do salario aos maiores de 60 anos que se vaian para a casa durante tres anos. Seguirían cotizando o cen por cento e, ademais, poderían traballar noutra empresa se o desexan.
O obxectivo da multinacional para este ano é que se acollan ao plan 30 empregados con salarios altos. Tamén ofrece baixas incentivadas a maiores de 50 anos.