CRTVG

Buscar

Stellantis fabricará seis furgonetas 100 % eléctricas en Vigo

Publicado o 07/07/2021 16:13

A fábrica de Stellantis en Vigo, antiga PSA, vai producir seis novos vehículos comerciais 100% eléctricos. A planta de Balaídos reforza así a súa aposta polas furgonetas de última xeración.

O centro de Stellantis en Vigo xa está coas preseries deses modelos, que se van comercializar despois do verán. Tres son furgonetas puramente comerciais das marcas Citröen, Opel e Peugeot e outras tres, por cada marca, polivalentes, para traballar e uso persoal. Durante unha visita á liña de produción este mediodia, o presidente da Xunta destacou o esforzo da planta de Balaídos para acadar cifras históricas na fabricación de coche no medio da pandemia.

As novas furgonetas eléctricas fabricaránse nas mesmas plataformas das K9. A multinacional acaba de anunciar que a partir do ano que vén tamén as van producir no Reino Unido, pero aseguran que é por un aumento de demanda e que non afectará á futuro da planta de Vigo.

E é que a fábrica de Balaídos está ao seu máximo de produción con 2.300 vehículos ao día. No 2020 acadou os 7.400 empregos directos ao tempo que avanzaba no seu proxecto de furgoneta eléctricas apoiado pola Xunta. A multinacional confía en que no segundo semestre do ano se solucione o problema de suministro de microchips.

Noticias web

07/07/2021