CRTVG

Buscar

Standard and Poor's sóbelle a nota da débeda a España

Publicado o 21/09/2019 10:29

A axencia Standard and Poor's subiulle a nota a España polo crecemento da economía a maior ritmo que a media europea, tamén polo descenso do nivel de débeda pública e polos avances na consolidación fiscal. A axencia elevoulle a nota de notable baixo a notable medio, con perspectiva estable. 

Valora que España está mellor posicionada para facerlle fronte a riscos externos como o "brexit", á debilidade económica europea ou á contracción do comercio mundial. Sobre a falta de goberno recolle que pode chegar a ter efectos negativos se a situación de interinidade se prolonga a medio ou longo prazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019