CRTVG

Buscar

Standar and Poor's advirte de que Cataluña podería entrar en recesión económica

Publicado o 13/10/2017 08:54

Standar and Poor's advirte que Cataluña podería entrar en recesión económica se seguen as actuais tensións políticas. Ese escenario de conflito prolongado no tempo pode deprimir a confianza empresarial e dos consumidores, segundo o prognóstico da axencia de cualificación estadounidense.

Advirte de que a actual situación prexudica máis a economia catalá ca a economía española, especialmente en caso de que se interrompa o apoio financeiro do Estado a Cataluña. Podería provocar atrasos nos pagamentos a provedores ou mesmo aos funcionarios da Generalitat.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017