CRTVG

Buscar

Os afectados do accidente de hai 11 anos de Spanair piden que se reabra a investigación no Congreso

Publicado o 20/08/2019 17:08

Hoxe fai 11 anos do tráxico accidente do voo de Spanair que se esnafrou no aeroporto de Madrid Baraxas e en que morreron 154 persoas .Nun día de homenaxes ás vítimas, a asociación de afectados segue e reclamar que se reabra a comisión de investigación no Congreso dos Deputados.

11 anos pasaron xa do momento destas imaxes do voo de Spanair 5022 que se esnafrou no aeroporto de Madrid pouco despois do despegue cando se dirixía a Gran Canaria. Unha das causas foi que os pilotos non detectaron que o avión entrara en perda por un fallo no sistema de advertencia sonora pero os investigadores descartan que fóra a única. As vítimas reclaman que se investiguen todas as circunstancias que rodearon e seguiron o tráxico sinistro. Piden a reapertura da comisión de investigación no Congreso paralizada trala disolución do Parlamento e a espera de que bote a andar a nova lexislatura. 
Hoxe volveron sucederse as homenaxes as 154 vítimas mortais e os seus familiares con ofrendas florais, minutos de silencio e lectura de poemas en varias localizacións tanto en Madrid como nas Palmas de Gran Canaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019