CRTVG

Buscar

SpaceX lanza a misión tripulada privada á Estación Espacial Internacional

Publicado o 27/05/2020 21:40

Hoxe é un día que pasará á historia da exploración espacial. Esta noite, unha empresa estadounidense en colaboración coa NASA, enviará a súa primeira misión tripulada ao espazo.

Dous astronautas irán con destino á estación espacial internacional nun ensaio que pretende acreditar o bo funcionamento das naves desta compañía privada para a realización de voos tripulados da NASA. Se todo vai ben, esta xesta abrirá a posibilidade de enviar misións cara á Lúa ou Marte. O lanzamento terá lugar aproximadamente nunha hora, ás 22:30 hora galega.

Noticias web

27/05/2020