CRTVG

Buscar

Sotavento conta cunha vivenda bioclimática sen dependencia eléctrica

Publicado o 23/10/2021 21:13

O parque experimental de Sotavento conta cunha vivenda bioclimática que demostra que a eficiencia e o aforro enerxético son tan importantes como os materiais cos que se constrúe un edificio. Feita principalmente con pedra e madeira, incorpora mecanismos que permiten coñecer o consumo real dos aparellos e non depende da enerxía eléctrica. 

A casa é un exemplo dunha edificación que aproveita todos os recursos para se manter, sen necesidade de conexión á rede eléctrica. Trátase dunha vivenda bioclimática, construída atendendo a medidas de aforro e eficiencia.

Instalada no parque experimental de Sotavento, é unha mostra de construción sostible.

E cando aos métodos de enerxía pasiva non resultan entran en funcionamento as renovables. Así, esta casa conta con chan radiante, un tubo solar para captar luz e dispón de sensores en lugares estratéxicos que controlan que as persianas se activen cando o sol é excesivo ou se reparta a calor por toda a vivenda.

Dotada con varios mecanismos que amosan o consumo enerxético real, esta vivenda é a mostra de que a eficiencia é un elemento que hai que ter en conta na construción.

Noticias web

23/10/2021