CRTVG

Buscar

Sospeitan que unha banda anda roubando nos locais de hostalería de Burela

Publicado o 23/08/2021 13:53

O do Boas Migas, un local situado na céntrica rúa Manuel Murguía, é o segundo roubo que se produce na mesma semana na localidade de Burela. Alí entraron a madrugada deste domingo, sobre as catro da mañá, empregando o método da rotura de cristais. Levaron a caixa rexistradora e algúns cartos.

O roubo quedou gravado nas cámaras, onde se rexistrou que eran tres persoas e o coche que empregaron. Esta mañá xa estaba reparado o cristal, pero no marco aínda se perciben os restos do asalto.

Tamén foron tres as persoas que na madrugada do xoves para o venres roubaron nestoutra cafetería de Burela, a Vista Alegre, situda a carón dunha gasolineira en Arcadio Pardiñas, unha das rúas máis transitadas da vila e onde foi a segunda vez que roubaron no mes.

Nun principio estes dous roubos poderían estar relacionados, xa que nos dous casos eran tres persoas e o coche, un Seat León roubado, era o mesmo.

Noticias web

23/08/2021