CRTVG

Buscar

Sospeitan que o ancián aparecido en Sárdoma morreu a golpes na súa propia casa

Publicado o 09/01/2019 08:48

A Policía Nacional investiga a morte dun home de 81 anos en Vigo. O seu cadáver presentaba sinais de morte violenta. Morreu a golpes, posiblemente na súa propia casa, e despois levárono ata o monte en que apareceu.

A Policía Nacional confirmou que o cadáver que apareceu en Sárdoma é o do veciño desta parroquia viguesa que levaba desparecido dende decembro. Localizárono a escasos cincuenta metros do camiño do Pontillón nunha zona de matogueiras, cuberto por plásticos e canas, camuflado coa vexetación. Quedara viúvo hai dous meses e vivía só a un quilómetro deste lugar, que frecuentaba para facer a compra ou pasear.

O cadáver do octoxenario foi trasladado ao hospital Nicolás Peña, onde se lle está a practicar a autopsia. Porén, a policía xa confirmou que o seu corpo presentaba sinais evidentes de violencia. Agora está aberta unha investigación para determinar as causas e a autoría da súa morte.

Noticias web

09/01/2019