CRTVG

Buscar

Unha vertedura de xurro en Curtis causa contaminación na auga da traída

Publicado o 30/09/2021 16:57

Foto: Concello de Curtis/Facebook

Os veciños do concello de Curtis non teñen nestes momentos subministración de auga potable. A contaminación detectada na traída pública levou os responsables municipais a advertir os veciños de que non consuman auga da billa ata novo aviso.

Este mércores á tardetras detectar unha baixada repentina nos valores de cloro realizaron analíticas da auga e estas revelan que houbo unha vertedura de xurro no río o que obrigou a cortar a subministración para limpar os depósitos.

Dende o Concello alertan de que a situación non vai mellorar a curto prazo debido tamén á previsión de choiva nos próximos días. Agora, para darlle servizo á poboación instalaron tres cisternas en diversos puntos do concello onde os veciños poden coller auga.

Ao longo deste xoves o Concello decidiu restablecer o servizo, pero advertindo de que a auga non é apta para o consumo. Cren que as condicións non van mellorar a curto prazo e que incluso coa previsión de próxima chuvia as condicións poden empeorar. Mentres tanto, ofrecen a posibilidade de abastecerse de auga potable en dúas cisternas instaladas nos núcleos de Curtis e Teixeiro.

Noticias web

30/09/2021