Sospeitan dunha banda intinerante como autora dos últimos roubos na provincia de Ourense
Publicado o 02/08/2019 15:03
3.000 euros en efectivo, xoias de ouro, aparellos electrónicos e ferramentas. É o completo botín que os asaltantes conseguiron nesta casa de Pereiras, no concello ourensán de Taboadela. Conta o veciño da casa lindeira que cando a familia chegou de traballar atopou a vivenda completamente revolta. Na aldea sospeitan que tiñan vixiada a familia.
Esta semana dabámoslle conta doutro asalto na provincia de Ourense moi semellante, en Verín. A Garda Civil están investigando estes dous roubos para dar cos autores, sospeitan que se trata dunha banda itinerante.